O lacón con grelos é un prato típico de cociña galega, tradicionalmente asociado coa celebración do entroido.

Ingredientes:

Para dúas persoas:

1 lacón de boa calidade

10 g de unto

1 bote de grelos A Rosaleira 500 g neto

2 patacas grandes de boa calidade

2 chourizos de boa calidade

Sal

Preparación:

1. Cocer en abundante auga o lacón e o unto.

2. Cando leve 30 minutos engadir as patacas cortadas pola metade.

3. Retiramos cando estén cocidas.

4. Dez minutos antes de retirar o lacón incorporamos os chourizos e probamos de sal.

5. É importante que o lacón nos quede ben cocido.

6. Quentar os grelos na agua do cocido e servir nunha fonte vistosa.