A historia de A Rosaleira remóntase a finais dos anos 30. Fundouna José Sánchez, que era alcalde e mestre de O Rosal, co nome de "Conservas Vegetales José Sánchez García”.

A Rosaleira foi durante moitos anos a única fábrica de conservas de Galicia. Naceu co propósito de conservar o doce de froitas que elaboraba dunha forma artesanal Consuelo de Santiago, a muller de José Sánchez, e evolucionou á conserva vexetal a medida que o fundador, que controlaba exhaustivamente todo o proceso, aprobaba as diferentes cosechas.

Desde entón, preservamos o empeño de elaborar de forma máis natural, sen engadir aditivos nin conservantes, as nosas hortalizas, froitas e verduras.

No ano 1967, tomouse a decisión de elaborar grelos en conserva. A xente do lugar considerouno unha excentricidade naquel momento, pero ao longo do tempo, ao converterse na máis apreciada das nosas conservas, demostrouse o acertado da decisión.

No ano 2007, Terras Gauda adquire a conserveira, garantindo así a viabilidade e o bo facer que nos caracteriza durante tantos anos.

Un dos valores máis apreciados de A Rosaleira é a forma en que elaboramos as nosas conservas; Utilizamos só ingredientes naturais, sempre aqueles que son estrictamente necesarios, nada superfluo, nada artificial.

Os grelos

A nosa conserva de referencia

DESCÚBREOS